Sobre nós

Quen somos? Saiba máis sobre Infocorunha

Que é InfoCorunha?

Unha axenda na web (ver aquí), para axudar ás persoas da cidade da Coruña a reunirse, actuar e tomar de novo parte na política. InfoCorunha é independente de calquera partido e (pretende ser) independente de calquera organización, cubrindo un amplo abano de sensibilidades (ver os criterios de abaixo). O sitio fíxose público en xxx de 2010 e gustarianos que se convertise nun proceso aberto e colaborativo.

Quen dirixe InfoCorunha?

Organizouse na rede social sementeira un grupo de traballo de dez persoas de diferentes colectivos para poñer en funcionamento e manter o sitio. Estás invitada a participar, únete a nos!.
Non dubides en contactar con nos: contexacto@corexunha.infexo

Por que este sitio?

Para centralizar a información que estaba dispersa e proporcionar unha ferramenta práctica para aquelas que queren dar a coñecer as súas iniciativas. Ofrecendo unha ampla gama de temas e sensibilidades políticas, InfoCorunha pode axudar a abrir os movementos de protesta.

Cales son os eventos que se poden publicar en InfoCorunha?

Animamos a todo o mundo a enviar eventos. Para aparecer na axenda, un evento ten que:

  1. abordar unha cuestión "política" no senso máis amplo,
  2. estar aberto a todas sen distinción (por exemplo, os prezos dos eventos deben ser razonables para non excluír a persoas de baixos ingresos),
  3. ser portador dunha mensaxe de "progreso social" e non promover ningún tipo de dominación (económica, sexista, racista, etc.)
  4. levarse a cabo na cidade da Coruña e arredores. As citas fora da zona da Coruña publicaranse se son nacionais ou internacionais.

Máis detalles aquí

Que son as axendas persoais?

Podes crear a túa propia axenda seleccionando os eventos que che interesan. A túa selección será pública para que a poidas compartir con outras persoal. Para obter máis información, mira aquí.

Cales son os proxectos a longo prazo?

Esperamos que co tempo:

  • engadir funcionalidade a usuarias e contribuíntes,
  • crear unha vida activa na comunidade que xestiona o sitio
  • Desenvolver e distribuír o software noutras localidades para crear as súas propias axendas. O software Demosphere sobre o que funciona InfoCorunha utilízase en París (paris.demosphere.net), Grecia  (www.kinimatorama.net) e outras axendas están en proceso para Boston, la Gironde, les Alpes e Angers.
    Máis información sobre o software: https://demosphere.net

A dirección que tome o proxecto a máis longo prazo dependerá dos desexos das persoas que participen.

De onde sacamos a información?

(máis información aquí)

Parte dos eventos son enviados directamente a través do formulario da páxina (ver aquí), e agardamos que a proporción aumente.

Para a maioría dos eventos, é preciso navegar a través de moitas páxinas web, fontes RSS e listas de correo electrónico. Desenvolveronse ferramentas de monitoreo que mostran mudanzas nas páxinas que poden significar novos eventos e que comproban correos electrónicos anunciando posibles convocatorias. A pesares do uso destas ferramentas este traballo toma bastante tempo cada día.

Algunhas das nosas fontes : (ver lista completa aquí)

  • http://paxina.com
  • ...

Podo confiar na información do sitio?

Facemos o que podemos para verificar a información, mais non podemos garantir nada. Sempre tratamos de indicar as fontes de información que publicamos. Estas fontes permítenlle ter unha idea sobre a validez de cada evento. Pode tentar poñerse en contacto coa organización do evento. Para beneficio de outras usuarias notifíquenos erros ou información adicional a través do correo electrónico (contexacto@corexunha.infexo)

Podo copiar esta información noutra parte?

Por suposto! Para axudarte a mostrar esta información no teu sitio creamos unha fonte RSS e un calendario en formato iCalendar. Se o formato da fonte RSS ou do calendario iCAl non lle convén, non dubides en contactar con nos para personalizalo. Se atopas o noso traballo útil, agradeceremos que nos enlaces desde o teu sitio.

Ver tamén: consellos para sindicar InfoCorunha co teu sitio SPIP

Que plataforma tecnolóxica utilizamos?

InfoCorunha funciona sobre o software Demosphere, un software libre desenvolvido como unha extensión de Drupal, un sistema de xestión de contidos (CMS) moi coñecido. Para obeter máis información:
https://demosphere.net/

O sitio está aloxado nun servidor dedicado funcionando con GNU/Linux (Debian).